O Sergas debe pagar 122.000 euros a un paciente por unha mala prescrición que derivou en ictus

O cardiólogo que lle atendeu no Hospital de Burela prescribiulle outro betabloqueante sen ter en conta "en ningún momento" que xa tobama un.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou unha sentenza que condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar cun total de 122.254,56 euros, máis intereses, a un paciente do Hospital de Burela debido a unha "dobre e indebida" prescrición que derivou nun ictus.

Hospital de Burela, hospital público da Mariña
Hospital de Burela, hospital público da Mariña | Fonte: AXM

Este novo fallo, con data do pasado xoves e contra a que aínda cabe recurso, vén desestimar o recurso de apelación interposto polo Sergas e Segurcaixa Adeslas, e a ratificar a sentenza xa ditada en xuño de 2021 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Os maxistrados sinalan no seu razoamento que "non hai que ter grandes coñecementos médicos para comprender que a prescrición simultánea de dous antibloqueantes, nunha persoa con antecedentes cardíacos, ao provocarlle un menor gasto por enlentencemento do ritmo do corazón, pode xerar graves complicacións". Neste caso, un edema agudo de pulmón que derivou no ictus.

Ademais, o tribunal resalta que resultou acreditado que a dose de antibloqueantes que tomou o home, de 71 anos e con antecedentes de hipertensión arterial e diabetes tipo 2, foi excesiva, "xa fose por ignorancia médica, xa fose por non atender o historial clínico do paciente".

O afectado acudira o 15 de marzo de 2016 ao Hospital de Burela para que lle practicasen un electrocardiograma. O seu estado de nerviosismo dificultou a realización da proba, polo que o cardiólogo que lle atendeu prescribiulle un betabloqueantes a pesar de que, polos seus antecedentes cardíacos, os cales "en ningún momento foron tidos en conta", xa tomaba un desde hai tempo.

Así mesmo, o doutor que fixo a prescrición, ao afirmar que ambas as doses eran compatibles, tratou de ocultar "o seu debido descoñecemento do historial clínico do paciente". Días máis tarde, tras acudir en repetidas ocasións ao centro de saúde e ao hospital por atoparse mal, outro cardiólogo distinto deulle a entender que houbera unha mala praxe médica.

O home permaneceu varios días ingresado. Unha noite que lle espertaron para medicalo por vía oral, atopouse totalmente desubicado e sen daber onde estaba, polo que lle practicaron un TAC que acabou por confirmar que sufrira un ictus.

Por todo iso, os maxistrados do TSXG rexeitaron o recurso presentado polo Sergas e Segurcaixa Adeslas á primeira sentenza e confiarmaron a sentenza pola que a administración sanitaria debe pagar ao afectado 122.254,56 euros, máis interes legais desde o 1 de agosto de 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta