A Xunta ve "incomprensible" que A Coruña e Oleiros se opoñan á pasarela peonil para unir ambos os concellos

Por E.P. | A Coruña | 17/10/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou de "incomprensible" que os concellos da Coruña e Oleiros se opoñan á construción dunha pasarela peonil que una estes concellos a través de Santa Cristina.

Praia de Santa Cristina, Concello de Oleiros
Praia de Santa Cristina, Concello de Oleiros | Fonte: Wikipedia

"Sen argumentos técnicos, ambientais e legais", dixo a conselleira a preguntas dos xornalistas durante a presentación do proxecto da 'torre polivalente' do novo complexo hospitalario da Coruña (Chuac).

En concreto, respondeu así ao ser preguntada pola intención do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de reunirse coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, para facer "fronte común" contra a infraestrutura que unirá a duna da praia de Santa Cristina e Oza por considerala unha "aberración".

Vázquez insistiu en que é "incomprensible que se renuncie a fondos de reconstrución" e tamén que se "bloqueen" proxectos con "unha aposta clara pola mobilidade sustentable, segura e saudable".

En resposta a estas afirmacións, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou o Goberno galego de "deslealdade" e cuestionou que a pasarela anunciada sexa a "forma máis idónea" para incentivar a mobilidade sustentable.

Rey que mostrou a súa disposición a reunirse co alcalde de Oleiros, reprochou ao Goberno galego que expoña o proxecto "sen acordar", ademais de incidir no "impacto ambiental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta