Localizan en bo estado a veciña de Santiago de 74 anos desaparecida desde o domingo

Foi vista nunha antiga estación de ferrocarril situada a uns 300 metros do centro sociocultural Aurelio Aguirre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A muller de 74 anos que faltaba da súa casa en Santiago desde a tarde do domingo foi localizada en bo estado de saúde na mañá deste martes.

As tarefas de procura de María José Casal concluíron ao redor das 10,45 horas ao ser vista nunha antiga estación de ferrocarril situada a uns 300 metros do centro sociocultural Aurelio Aguirre, punto de encontro desde o que á primeira hora da mañá partiu o dispositivo de procura coordinado pola comisaría da Policía Nacional na capital galega.

A muller, que padece alzhéimer, atópase en bo estado de saúde e está a ser atendida no lugar polos profesionais sanitarios, que avaliarán se é preciso derivala a un centro hospitalario, segundo confirmaron fontes policiais consultadas por Europa Press.

María José Casal, usuaria do centro da Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (Agadea) en Santiago, faltaba da súa casa desde a tarde do domingo, cando saíu dar un paseo por Conxo.

María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer desaparecida en Santiago de Compostela / Agadea. / Europa Press
María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer desaparecida en Santiago de Compostela / Agadea. / Europa Press

A súa filla, que vive con ela, foi a encargada de pór a denuncia ante a Comisaría da Policía Nacional, que asumiu a coordinación dun dispositivo de procura no que participaron membros da Policía Local, Protección Civil, Axega e voluntarios de Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (Agadea); acompañados por medios aéreos e cans de rastrexo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta