Os 11,5 millóns en axudas de Estado e UE para compensar efectos da guerra van parar a mans de 12.000 gandeiros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Uns 12.000 titulares de explotacións gandeiras repártense os 11,5 millóns de euros en axudas procedentes de fondos estatais e europeos orientadas a compensar os efectos da guerra de Ucraína na economía.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do medio Rural, que recolle os beneficiarios destas subvencións.

Por sectores, resultaron beneficiarias destas axudas 10.630 persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, 631 de ovino-caprino, 490 de aves e 103 de coellos.

Todos os beneficiarios recibiron un pago único por animal, no caso das explotacións de vacún, ovino e cabrún, e un pago único segundo a capacidade da explotación, no caso de aves e coellos, segundo detalla Medio Rural.

Os límites financiables por persoa beneficiaria foron de 125 vacas nutrices en explotacións de vacún, 520 xatos de ceba en cebadeiros vacúns e de ata 800 ovellas ou cabras, mentres que nos de aves e coellos houbo un mínimo de 251 e 50 prazas, respectivamente.

O fuciño dunha vaca na granxa. Iñaki Berasaluce - Europa Press
O fuciño dunha vaca na granxa. Iñaki Berasaluce - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta