Piden desde Santiago unha "candidatura integradora" para a Axencia de Intelixencia Artificial

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión na tarde deste martes cos representantes do Club Financeiro, Foro Cívico, Cámara de Comercio e da Asociación empresarial do Tambre, para tratar a candidatura de Santiago para optar a acoller a sede da Aesia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e as diferentes entidades locais mostráronse a favor dunha "candidatura integradora" para optar a acoller a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia).

Bugallo mantivo unha reunión na tarde deste martes cos representantes do Club Financeiro, Foro Cívico, Cámara de Comercio e da Asociación empresarial do Tambre, para tratar a candidatura de Santiago para optar a acoller a sede da Aesia.

Tras a xunta e preguntados por Europa Press, os representantes coincidiron en manter unha fórmula compartida entre Santiago e A Coruña para ser "máis fortes" á hora de competir coas propostas do resto de España.

O presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, sinalou a aposta por "resultar competitivos" de face ás outras sedes que se presentan a nivel nacional. "Para iso consideramos importante manter a sede de Santiago e ofrecer unha candidatura integradora que daría moita máis vantaxe de face a competir coas outras sedes nacionais", remarcou.

Nesta liña, tamén se situou o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López Díaz, que rectificou que todos "comparten unha idea clara que ten moitos puntos a favor".

Pola súa banda o presidente dos Empresarios do Tambre, José Fernández Alborés, incidiu en que teñen claro que queren que a proposta quede en Galicia e que Santiago sexa a sede en colaboración total coa Coruña para "ser máis fortes".

"HAI QUE SUMAR E XERAR SINERXÍAS"

O alcalde reiterou unha vez máis a súa postura na que defende a Santiago como a cidade "máis competitiva a nivel nacional" e sinalou que isto "non se trata de gañar unha competitividade interna en Galicia". "Cremos que hai que sumar e xerar sinerxías", apuntou, antes de incidir en que a "proposta máis competitiva e potente" é a compartida Santiago-A Coruña.

Desta forma, explicou que analizaron os parámetros que expón o Ministerio para a elección da sede e concluíron que dos 11 parámetros expostos en catro é máis forte A Coruña e en sete é máis forte Santiago.

"A Coruña é máis forte en ecosistema económico, no conxunto de empresas que hai na propia cidade; en investigación gaña Santiago e en publicacións e grupos de traballo tamén, así como os principais servizos autonómicos como o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)", remarcou o alcalde.

Así mesmo, explicou que este luns presentou ao Nodo de expertos tres propostas. Unha na que a sede se sitúe en Santiago e a outra unha aposta compartida entre Santiago e A Coruña.

"A terceira proposta que é exclusiva de Santiago é a que quedaría sobre a mesa no caso de que a Comunidade Autónoma non apoie a proposta de Santiago ou que A Coruña a rexeite. Esa terceira proposta non a mantemos sobre a mesa e comunicaremos a finais de mes se a materializamos ou non", sentenciou o alcalde.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Vai sendo hora que se lembrem da Galiza interior para lhe outorgar a “Agência de Inteligência Artificial” e deixar de centralizar todo em Santiago. A Galiza administrativa é todo o território da Comunidade Galega e nom só Compostela, é mais precisa essa Agência para as bisbarras dos interior das províncias de Lugo e Ourense para fixar povoaçom, pois tenhem das maiores taxas de envelhecimento do Estado.