Ventos de máis de 100 quilómetros por hora en Vimianzo, Camariñas e Cuntis a causa do temporal

En canto ás choivas deste martes de alerta amarela, a Costa da Morte e zonas do interior da provincia da Coruña foron as máis afectadas, pero non as únicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2022 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

Os municipios coruñeses de Vimianzo e Camariñas e o pontevedrés de Cuntis rexistraron este martes os refachos de vento por encima dos 100 quilómetros por hora, as máis fortes desta xornada de alerta amarela por temporal en Galicia.

Segundo os valores máximos de Meteogalicia, a estación meteorolóxica da Gándara (Vimianzo) notificou sobre as 15,30 horas dos tarde refachos de 112 kiómetros por hora. Séguelle o municipio costeiro de Camariñas, onde os medidores da estación homónima detectaron ventos de 107 km/h ás 16,10.

Os terceiros refachos máis fortes correspóndense coa estación meteorolóxica de Xesteira (Cuntis), que rexistrou 107 km/h ás 16,10 horas. Moi preto do 100 km/h, aínda que sen superalos, quedou a estación de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), con refachos de 98,4 km/h ás 19,40.

Tamén se rexistraron refachos por encima do 90 km/h en puntos tan dispares da xeografía galega como Carnota, A Pontenova, Muras, A Veiga e Cervantes. En canto ás choivas deste martes de alerta amarela, a Costa da Morte e zonas do interior da provincia da Coruña foron as máis afectadas, pero non as únicas.

Así, a estación meteorolóxica de Fontecada, en Santa Comba, acumula 23,6 litros por metro cadrado pasadas as 20,30 horas, seguida da de Coto Muíño, en Zas, con 14,8 l/m2. Tras estas, están as do municipio ourensán de Entrimo, con 12,3 l/m2, e a de Santiago de Compostela, con 12,1 l/m2.

A Central de Atención ás Emerxencias 112 rexistrou, desde o 6 de xaneiro, un total de 1.200chamadas relacionadas con incidencias con motivo da situación meteorolóxica. A maior parte delas, tiveron que ver con alagamentos, bolsas de auga e. EUROPA PRESS - Arquivo
A Central de Atención ás Emerxencias 112 rexistrou, desde o 6 de xaneiro, un total de 1.200chamadas relacionadas con incidencias con motivo da situación meteorolóxica. A maior parte delas, tiveron que ver con alagamentos, bolsas de auga e. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta