Formoso ante o cambio de asignación da Xunta á Atención Primaria: "non pode ser un xogo de trileiros"

Reclama partidas para a "dinamización económica" e non ve que reforcen servizos públicos

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/10/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou de "contas da resignación" o orzamento da Xunta para 2023 e cuestionou que "non se teñan en conta as previsións que apuntan a unha desaceleración económica".

Díxoo ao considerar necesario partidas que sexan unha "inxección" para sectores estratéxicos, entre os que citou, a agricultura, a pesca e a industria, pero, principalmente, as vinculadas coa "dinamización económica".

"Botamos de menos partidas que suplementen os Pertes (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) no ámbito industrial", dixo ao considerar necesario que as haxa tamén por parte do Executivo galego. Así o expuxo nunhas declaracións aos xornalistas coincidindo coa súa participación no pleno da Cámara de Comercio.

"XOGO DE TRILEIROS"

Nelas, apuntou á existencia dunha "contradición" entre o anunciado nun primeiro momento polo Goberno galego para a Sanidade e o incremento de 137 millóns comprometido este mércores polo presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, para Atención Primaria.

"Non pode ser un xogo de trileiros", sinalou Formoso, que apuntou que á sociedade galega o que lle "preocupa" é "a baixada da calidade en Atención Primaria". E aínda que se mostrou "prudente" na valoración dos orzamentos de 2023 ata coñecelos "con detalle", aludiu "ao aumento histórico" nos mesmos por "os 1.400 millóns de euros a maiores do Goberno".

Fíxoo en referencia á achega estatal. Esta consignación, incidiu, fai que as contas autonómicas para o próximo ano supoñan "os orzamentos máis grandes da historia da autonomía".

"E en cambio a asignación a servizos públicos, sobre todo Sanidade, segue a ser unha lagoa moi importante", expuxo tras considerar que non os reforzan. Así, volveu a demandar a contratación de máis profesionais no ámbito sanitario.

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, nun encontro con empresarios na Cámara de Comercio. PSDEG
O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, nun encontro con empresarios na Cámara de Comercio. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta