Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 12:18
Os beneficios fiscais autonómicos ascenden ata 592 millóns de euros en 2023, o que supón un incremento do 13,4% respecto ao ano anterior, que se situaron en 522.
Así o adiantou este xoves en rolda de prensa o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, despois de entregar o proxecto de contas públicas para o ano que vén ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.
Segundo destacou, son 144 millóns máis que en 2020, o que representa unha alza do 32,2%, e o 91% teñen, segundo remarcou, "carácter social".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.