A Xunta apoia a iniciativa 'Ponte... nas Ondas' na súa candidatura como modelo de boas prácticas da Unesco

Está impulsada pola Asociación Cultural e Pedagóxica do mesmo nome.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/10/2022 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, expresou o apoio da Xunta de Galicia á candidaturade Ponte... nas ondas! como modelo de Boas Prácticas da Unesco, que impulsa a Asociación Cultural e Pedagóxica do mesmo nome co apoio do Goberno autonómico.

Presentación dnha das actividades de Ponte... nas ondas!
Presentación dnha das actividades de Ponte... nas ondas! | Fonte: pontenasondas.org.

Así o sinalou este venres con motivo da súa participación na iniciativa Radio do Patrimonio, un proxecto de radio escolar co que este colectivo busca implicar aos escolares na recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial.

Rodríguez destacou a traxectoria de máis de 25 anos de 'Ponte... nas Ondas', "unha iniciativa transfronteiriza que promove o intercambio lingüístico" entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e que opta a ser inscrito no rexistro de boas prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

Explican que se trata dunha candidatura conxunta de España e Portugal, presentada en marzo de 2021 co apoio do Goberno galeho, cuxa resolución se coñecerá na sesión que o Comité Intergobernamental celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro.

"Esperamos que a resposta sexa positiva porque este recoñecemento suporía un gran impulso internacional para favorecer os lazos da lusofonía", comentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta