Os veciños de Portas, sen auga polo roubo dunha electrobomba e desfeitas na estación de auga

O alcalde presentou unha denuncia ante a Garda Civil.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/10/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O alcalde da localidade pontevedresa de Portas, Ricardo Martínez, denunciou ante a Garda Civil o roubo dunha electrobomba, cables eléctricos e graves desfeitas na Estación de Tratamento de Agua Potable (ETAP) que obrigaron a cortar a subministración municipal de auga potable aos veciños do concello e das parroquias de Lantaño e Romai.

As desfeitas ocasionadas na ETAP do Concello de Portas
As desfeitas ocasionadas na ETAP do Concello de Portas | Fonte: Europa Press

Un operario do Concello, que acudiu á ETAP a realizar a visita correspondente para comprobar os niveis de cloro e ph, atopouse a porta rebentada, o material polo chan e os computadores danados. O operario deu parte ao alcalde, que foi o encargado de avisar aos axentes da Garda Civil.

Así, os axentes acudiron ás instalacións, situadas na parroquia de Romai, para realizar as investigacións necesarias para tratar de identificar, localizar e deter os autores. O alcalde explicou que están a colaborar "ao máximo" cos corpos de seguridade para atopalos e "que caia sobre eles todo o peso da lei".

Ademais, Martínez sinalou que "tentarán fornecer auga, de novo e canto antes, aínda que non teñan garantías plenas de salubridade", co obxectivo de que "polo menos a xente teña algo con que lavarse ou ducharse".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta