A Xunta informa ao Complexo Mar-Industria dos pasos na redacción da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta semana con representantes da Confederación Mar-Industria Alimentaria, onde lles trasladou os pasos que a Xunta está a dar na redacción e deseño da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia (Lolga) "co obxectivo de que o sector coñeza como vai ser o procedemento e participe activamente nas distintas fases".

Nese sentido, incidiu en que poden realizar achegas tanto agora como no momento en que se abra o prazo de alegacións "coa finalidade de elaborar un texto que inclúa as principais necesidades das empresas do complexo mar-industria da comunidade". A titular de Mar tamén expuxo que o Consello da Xunta acaba de aprobar a presentación ante o Tribunal Supremo do recurso contencioso-administrativo contra a recente reforma do Regulamento Xeral de Costas.

"O Executivo galego pretende frear así a deriva do Goberno estatal cara a unha normativa cada vez máis restritiva co fin último de expulsar calquera presenza de actividade humana e económica no litoral e sen ter en conta as súas consecuencias socioeconómicas", denunciaron.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese coa confederación mar-industria para abordar a Lei de Ordenación do Litoral de Galicia.. XOÁN CRESPO
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese coa confederación mar-industria para abordar a Lei de Ordenación do Litoral de Galicia.. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta