Temas: BONOS COMERCIO WEB

O bono Activa Comercio poderá utilizarse en tendas de proximidade a partir deste luns

O desconto será de cinco euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2022 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A poboación galega que así o desexe poderá empezar a utilizar o bono Activa Comercio en locais de proximidade a partir deste luns 24 de outubro.

Segundo explican nun comunicado, a partir do luns a clientela poderá descargar e utilizar os descontos de 30 euros do bono, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia destina cinco millóns de euros coa previsión de mobilizar 17 millóns en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Os bonos, en formato de código QR, poderán descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén estará dispoñible a lista de establecementos adheridos, á que poderán seguir sumándose comercios ata o próximo 30 de novembro.

Recalcan que a principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. O desconto será de cinco euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

Tenda de téxtil
Tenda de téxtil | Fonte: Europa Press.

Temas: BONOS COMERCIO WEB
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta