Detido por roubar 13.000 euros en material da súa empresa de xardinaría

Por E.P. | A CORUÑA | 24/10/2022 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un home na Coruña polo furto na súa empresa de artigos de xardinaría e ferraxaría valorados en 13.000 euros, segundo informa.

Trátase dun home de 42 anos, arrestado o pasado 5 de outubro e que traballaba nunha empresa que se dedicaba á distribución destes artigos. As investigacións realizadas polo Grupo de Policía Xudicial determinaron que este traballador se dedicaba a subtraer dos almacéns da súa empresa diferentes aparellos, como cortacéspedes, sopladores de aire ou hidrolimpadoras.

Posteriormente puña á venda estes obxectos en establecementos de compra-venda da cidade, "obtendo unha gran rendibilidade, ao tratarse de maquinaria nova e na súa embalaxe orixinal".

Esta actividade realizouna durante os últimos cinco anos, "furtando do seu traballo máquina a máquina, de forma paulatina para non ser detectado". Parte do material localizado nos establecementos de compra-venda, foi recuperado e devolto ao responsable da empresa.

Tamén foron localizadas polo menos 17 vendas do material previamente furtado a través de plataformas en liña de compra-venta entre particulares, continuando a investigación na procura de máis posibles vendas fraudulentas por medio destas canles.

Un home rozando cunha desbrozadora
Un home rozando cunha desbrozadora | Fonte: cortadorasdecesped.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta