Bugallo lamenta que "a metade" dos orzamentos da Xunta en Santiago son para os seus edificios administrativos

O Concello de Santiago destinará 600.000 á asociación Uninova

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/10/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, remarcou que "aproximadamente a metade" dos orzamentos da Xunta destinará á capital galega para o 2023 son para edificios administrativos do Goberno galego.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello de Santiago.

Desta forma, segundo denunciou este luns en rolda de prensa, a Xunta destinará a Santiago "algo máis de 30 millóns de euros", dos cales, algo máis da metade están orientados a financiar a ampliación do hospital, o centro de prontoterapia e o comezo da redacción de plan para a ampliación futura da Sionlla.

Bugallo valorou "positivamente" os tres aspectos locais dos orzamentos, pero "non ve lóxico" que os edificios da Xunta "se venda" como investimento para a cidade de Santiago. "Son investimentos para todos os galegos que se materializan na cidade de Santiago", remarcou o alcalde.

Noutra orde de cousas, Bugallo sinalou que hai dous temas que "seguen sen atopar unha solución adecuada", unha é o financiamento do Estatuto de Capitalidade, que "segue conxelado un 25% por baixo do financiamento dispoñible no ano 2009 ou 2010", e outra a dotación orzamentaria do Consorcio.

Así remarcou que 13 anos despois "non recuperarán" a colaboración que prestaba a Xunta naquel tempo ao estatuto de capitalidade e incidiu que "iso é aínda máis significativo no referente ao Consorcio", que está un 60% "por baixo dos datos" da achega no ano 2009-2010.

"É xusto recoñecer que o Consorcio de Santiago, máis do 50% do seu orzamento destínase a dúas institucións como é a Real Filharmonía de Galicia ou a Escola de Altos Estudos Musicais, que estamos moi contentos con elas, pero son de titularidade autonómica que en realidade estamos cofinanciando tanto a administración xeral do Estado como o Concello de Santiago", sinalou Bugallo.

Nesta liña, o alcalde compostelán detallou que a achega da Xunta cobre "un pouco máis da metade" do que custan estes servizos e confiou en que no Consello da Capitalidade poidan avanzar na recuperación do apoio que recibían fai 12 ou 13 anos.

Con isto, remarcou que o obxectivo primordial do Consorcio é a rehabilitación da cidade histórica e, así, o que se produce é "derivar recursos importantes a outras actividades".

"Isto é o que explica a miña declaración de que os orzamentos da Xunta para Santiago a parte de ser significativamente inferiores en investimentos ao dos do Estado. Non se pode dicir que 120 millóns non é nada e agora dicirnos que 30 millóns é o leite", salientou Bugallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta