Aberto o prazo para presentarse ao Festival de pezas dun teatro do porvir 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega quere con esta nova edición "tomarlle o pulso á creación escénica contemporánea".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

As Xornadas da Sección de Literatura Dramática da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu. Para a súa VII edición, a Asociación quere "tomarlle o pulso á creación escénica contemporánea e os retos fronte a esta época, marcada pola pos-pandemia e a crise derivada, á que se suma a guerra en Ucraína".

Arquivo - Butacas do Novo Teatro Alcalá de Madrid no musical Grease, a 19 de marzo de 2022, en Madrid (España). ?Grease O Musical? é o fenómeno da cultura pop que narra a vida dun grupo de adolescentes que se moven entre as complexidades d. Isabel Infantes - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Butacas do Novo Teatro Alcalá de Madrid no musical Grease, a 19 de marzo de 2022, en Madrid (España). ?Grease O Musical? é o fenómeno da cultura pop que narra a vida dun grupo de adolescentes que se moven entre as complexidades d. Isabel Infantes - Europa Press - Arquivo

Para iso, lanzan a V edición do festival pezas dun teatro do porvir Galiza + Portugal 2022, que procura presentar, analizar e debater propostas escénicas que se están a ensaiar e a crear neste momento. Trátase, por tanto, dun festival único en Galicia para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas.

Nel, propóñense acoller sete proxectos - catro galegos e tres portugueses - que serán amosados e compartidos en público. Un deles será premiado coa posibilidade da súa estrea nalgún dos espazos teatrais da Coruña, aínda que sinalan que podería quedar deserto, se o xurado así o considera. A convocatoria está aberta e os materiais poderán enviarse en formato dixital antes das 24 horas do 28 de outubro a oficina@aelg.org. [Neste enlace poderás consultar todas as bases].

No marco deste encontro, a AELG ofrecerá tamén unha masterclass sobre os retos das artes escénicas nestes tempos complexos. Para iso, convidará ao director artístico do Centro Cultural Vilaflor de Guimarães, Portugal, Rui Torrinha, responsable da dirección e programación de varios espazos fundamentais e de renome internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta