Máis de 67.000 persoas descargaron xa o bono 'Activa Comercio'

O desconto, que se poderá utilizar ata o 31 de decembro, será de cinco euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

Máis de 67.000 persoas xa descargaron o bono 'Activa Comercio' que a Xunta de Galicia puxo en funcionamento este mesmo luns e ao que se adheriron máis de 4.000 establecementos. Así o notificou a administración autonómica nunha nota de prensa na que tamén sinalou que máis de 1.300 bonos se descargaron na provincia de Pontevedra.

Presentación bono 'Activa Comercio' da Xunta de Galicia.. XUNTA
Presentación bono 'Activa Comercio' da Xunta de Galicia.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Os bonos, en formato de código QR, pódense descargar a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén estará dispoñible a lista de establecementos adheridos, á que poderán seguir sumándose comercios ata o próximo 30 de novembro. Este ano, o desconto, que se poderá utilizar ata o 31 de decembro, será de cinco euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

Este luns, o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos da localidade pontevedresa de Marín que participan nesta iniciativa á que a Xunta destina cinco millóns de euros coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns de euros en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

O titular de Comercio e Consumo explicou que un dos obxectivos desta iniciativa é incentivar as compras no comercio de proximidade e, ao mesmo tempo, contribuír a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta