Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 19:38
A pesar das choivas das últimas dúas semanas, especialmente na última na que os trens de borrascas deixaron fortes precipitacións, os encoros galegos continúan perdendo auga e están xa ao 42,2% da súa capacidade, medio punto por baixo do que tiñan fai sete días.
Así o recolle o boletín hidrolóxico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicado este martes, no que os encoros de Galicia conteñen 1.569, 15 menos que a semana pasada.
No caso da conca Miño Sil, ten 1.224 hectómetros cúbicos de auga, 61 menos que hai sete días, e atópase ao 40% da súa capacidade, punto e medio menos que no último balance.
Por contra, os emblases da demarcación Galicia Costa gañaron 6 hectómetros respecto da semana pasada. Teñen agora 345, o que supón o 40,3% da súa capacidade.
Despois de semanas nas que os encoros da Miño Sil atopábanse por encima das cifras do pasado, os datos do últimos sete días fan que se atope xa por baixo dese nivel. Tamén almacenan menos que na media da última década.
No caso de caso de Galicia Costa, os seus encoros conteñen tamén menos auga que hai un ano e que na media do últimos dez anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.