Por Galicia Confidencial | Viveiro | 27/10/2022 | Actualizada ás 21:40
A familia Bertrand partiu da Bretaña este verán a bordo do Merzadenn. Dous adultos e tres nenos --a máis pequena de dous anos-- que non esquecerán a viaxe a Galicia. O pasado 18 de outubro, cando se dirixían ás Canarias, tiveron un susto cun grupo de candorcas que acabou co temón da embarcación partida en dous.
Despois de saír de Viveiro en dirección á Coruña, a tres millas de Cabo Ortegal unha manda de catro candorcas, dúas novas e dúas adultas, interactuou coa embarcación. "Viñeron practicamente directamente sobre o temón e racharono en dous", lembra o patrón.
Debido ás arremetidas das candorcas o veleiro tivo que ser auxiliado por unha embarcación de Salvamento Marítimo que o trasladou de novo á dársena de Viveiro para reparalo.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A Xunta volve esixir fondos de 2022 para previr danos do lobo a pesar de non apoiar a lei do Goberno
- Adega pide 11.500 euros para recorrer macroparques eólicos en Sabucedo e Campo Lameiro
- Arco Iris pide plans específicos contra os incendios en todos os espazos Rede Natura
- Unha serie de rutas pola provincia de Pontevedra buscan conectar aos participantes coa natureza
- Rocky, o can número 300 adoptado no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra
- A defensa da paisaxe frea, polo momento, o proxecto eólico de Iberdrola en Baltar