Chuvias de 40litros/m2 e ventos de case 100km para este xoves

Hai aviso amarelo por fortes chuvias, especialmente, na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Meteogalicia mantén o aviso amarelo por choivas e ventos fortes en varias zonas de Galicia durante este xoves e o venres.

En concreto, este xoves, o Suroese e o Oeste da provincia da Coruña podería rexistrar choivas localmente moi fortes acumulando máis de 40 litros/m2 en 12 horas.

Nesta provincia espéranse tamén ventos con refachos de máis de 80 quilómetros por hora; do mesmo xeito que na montaña de Lugo e de Ourense, así como na Mariña. Rías Baixas e Costa da Morte rexistrarán ventos fortes no mar.

Tamén o venres espéranse choivas fortes na provincia da Coruña e no litoral de Pontevedra; mentres que na Mariña, Suoreste e Oeste da Coruña poderían rexistrarse ventos con refachos de máis de 80 quilómetros por hora. Igualmente, haberá alerta por ventos fortes no mar.

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta