Localizan sen vida na praia de Maniños á veciña de Fene que estaba desaparecida

A falecida padecía unha demencia que lle producía problemas de orientación.

Por Europa Press / Redacción | Fene | 27/10/2022 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

Unha veciña de Fene, de 75 anos, foi localizada sen vida sobre as 22,00 horas deste mércores, horas despois de ser denunciada a súa desaparición, xa que non se tiña constancia do seu paradoiro desde media tarde, tras ser vista nas proximidades da Confraría de Barallobre, nese mesmo municipio.

O seu corpo foi localizado na praia de Maniños, tamén en Fene, a escaso medio quilómetro do seu domicilio. A falecida padecía unha demencia que lle producía problemas de orientación, razón pola que se iniciaron de inmediato os labores de procura pola zona da Riveira e o peirao de Barallobre, complicados polas fortes treboadas de primeiras horas da noite.

No operativo participaron familiares e veciños, a Policía Local de Fene, agrupacións de Protección Civil dos concellos da zona, a Garda Civil de Fene, os Bombeiros de Ferrol e efectivos de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga). O dispositivo deuse por finalizado preto das 22,30 horas.

Ata o lugar onde apareceu o corpo sen vida da muller desprazouse unha comisión xudicial, que autorizou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval de Ferrol, no que, na mañá deste xoves, está previsto realizar a autopsia.

Un axente da Garda Civil, de costas, xunto a un vehículo oficial. GARDA CIVIL - Arquivo
Un axente da Garda Civil, de costas, xunto a un vehículo oficial. GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta