Esgotado en tres días o crédito para os Bonos Activa Comercio

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía comunicou que o orzamento do programa do Bono Activa Comercio se consumiu en tres días desde a posta en marcha da medida. Desta maneira, os bonos para fomentar o consumo local alcanzaron xa máis de 166.000 persoas beneficiarias, que dispoñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos.

O bono, de 30 euros, pódese usar en gastos de 20 a 29 euros (con desconto de 5 euros), en compras de 30 a 49 euros (con desconto de 10 euros) e en gastos de máis de 50, no que se aplica unha redución máxima de 30 euros.

O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na presentación do Bono Activa Comercio 2022.. XUNTA
O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na presentación do Bono Activa Comercio 2022.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta