Preparan as áreas dos ríos Tambre, Verdugo e Deva por posibles inundacións e arrastres durante a madrugada

Os concellos de Val do Dubra, Ponte Caldelas e Arbo, por onde pasan os ríos, rexistraron incidencias durante a madrugada do venres aínda que ningunha delas foi grave.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2022 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

As concas dos ríos Tambre, Verdugo e Deva preparáronse durante este venres para afrontar posibles inundacións ante a previsión de que as intensas precipitacións regresen durante esta madrugada ás provincias da Coruña e Pontevedra.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou este venres o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (Inungal), en situación de alerta, ante o posible desbordamento dos ríos Tambre, en Val do Dubra; do Verdugo, en Ponte Caldelas; e do Deva, nas Regadas, en Arbo.

O tres municipios, onde se rexistraron incidencias durante a madrugada do venres aínda que ningunha deles de calado, puxeron en marcha accións para previr os posibles efectos das crecidas dos ríos.

Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, despois de superar os limiares establecidos, os cursos destes ríos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse inundacións puntuais.

Así, a provincia de Pontevedra está en aviso laranxa por precipitacións, unha alerta que se manterá ata a xornada do sábado. Leiro, Salvaterra do Miño e Baiona son os puntos con valores máximos de precipitacións con máis de 50 litros por metro cadrado, segundo os medidores de Meteogalicia.

MEDIDAS PREVENTIVAS

En Val do Dubra, efectivos municipais e externos traballaron ao longo do día para liquidar os problemas rexistrados durante a noite, na que se produciron caídas de árbores e desbordamentos puntuais do río Tambre.

A zona que máis preocupa é a de Portomouro, como apuntou a Europa Press o rexedor dubrés, José Manuel Varela, que estendeu a zona de vixilancia a outros puntos nos que o Tambre adoita traspasar a súa canle en xornadas de precipitacións intensas.

En Ponte Caldelas valaron as áreas de aparcadoiro próximas Verdugo e outras como a zona traseira do centro cultural para evitar que se estacionen coches e poidan resultar afectados ante a eventual crecida do río.

Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas. CONCELLO DE PONTE CALDELAS
Río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas. CONCELLO DE PONTE CALDELAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta