Morre unha muller de 80 anos en Caión despois de caer por un desnivel de 9 metros na leira da súa casa

O suceso tivo lugar ás 09,00 horas da mañá deste sábado, segundo trasladaron fontes da Garda Civil na provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Unha muller de 80 anos faleceu este sábado ao sufrir unha caída por un desnivel duns nove metros cando estaba na leira da súa casa, situada en Caión, no muncipio da Laracha.

O suceso tivo lugar ás 09,00 horas da mañá deste sábado, segundo trasladaron fontes da Garda Civil na provincia da Coruña.

A muller escorregou cando estaba no límite da leira da súa vivenda e caeu na estrada.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta