Naturalistas aseguran que as espreitas sen garda aumentan o risco de accidentes e de caza ilegal

A Fundación Franz Weber denunciou tamén que á Xunta "non lle parece importante" o establecemento de controis de alcoholemia e outras sustancias durante as cazarías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Fundación Franz Weber advertiu este domingo que a proposta de suprimir a presenza de gardas ou de guías durante as espreitas de caza suporá un incremento do risco de accidente con persoas alleas a esta actividade e podería aumentar a caza ilegal.

Así, a ONG naturalista sinalou que cada fin de semana centos de persoas realizan actividades moi variadas no medio natural, desde rutas senderistas, pasatempos familiares ou deportes como o ciclismo, polo que, que esta convocatoria de caza non conte con apoio dun guía, "supón un claro perigo para toda a cidadanía".

Ademais, a isto, engadiu que se suma a falta de sinalización das espreitas, xa que "a Lei de Caza de 2013 non contempla que medidas deben tomarse para anunciar unha actividade destas características, podendo mesmo disparar sobre camiños non asfaltados, precisamente todos aqueles carreiros polos que pasan persoas alleas á convocatoria".

A ONG denunciou tamén que á Xunta "non lle parece importante" o establecemento de controis de alcoholemia e outras sustancias durante as cazarías. Nun período de sete anos (2013-2018), aseguran que só se realizaron 8 test, o que, ao seu xuízo, "evidencia un claro desprezo pola seguridade pública, tanto de cazadores como de persoas non cazadoras".

Por outra banda, consideran que as espreitas sen guía son "unha chamada á caza irregular", posto que "durante as esperas nun posto fixo é máis probable disparar a animais cuxa caza está prohibida, como o caso concreto do lobo ibérico, pero tamén a outros cuxo disparo non está autorizado para as características concretas do permiso".

Un cazador pertencente ao Coto de Cela pasea polo Tecor Santa Isabel en busca de caza menor
Un cazador pertencente ao Coto de Cela pasea polo Tecor Santa Isabel en busca de caza menor | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta