O gasto en cultura das familias galegas segue "lonxe" dos datos de 2019

O número de traballadores do ámbito cultural ascendeu "por encima das cifras previas á pandemia, chegando ás 34.900 persoas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O Observatorio Galego da Cultura sinalou nun informe que o gasto nos fogares galegos en cultura, como soportes de imaxe e son, se incrementou en 2021, mentres que se detecta "un forte descenso" nos servizos culturais, con cifras que se sitúan por debaixo da metade do gasto de 2019.

O informe, que leva por título 'Conxuntura estatística do ámbito cultural. Outubro de 2022', destaca que a confianza das persoas consumidoras continúa crecendo e que "un 62,3% dos fogares galegos pensan en saír cear, ir ao cinema e ao teatro nos próximos tres meses". A análise mostra que a asistencia ás salas de cinema en 2021 aumentou 600.000 espectadores e 3,6 millóns de euros de recadación con respecto a 2020, pero "están lonxe os datos de 2019 cunha recadación de 24,1 millóns de euros".

Así mesmo, o estudo mostra que os produtos relacionados co lecer e a cultura en Galicia experimentaron "un aumento de prezos visiblemente inferior ao do conxunto da cesta da compra". Tamén sinala que as exportacións de produtos culturais "se incrementaron nos últimos 12 meses con respecto aos 12 anteriores".

No ámbito laboral, o informe destaca que entre o segundo trimestre de 2021 e o primeiro de 2022, o número de traballadores do ámbito cultural ascendeu "por encima das cifras previas á pandemia, chegando ás 34.900 persoas". Ademais, rexistrouse un incremento das afiliacións á Seguridade Social, destacando un 27,7 por cento en actividades de creación, artísticas e de espectáculos.

Doutra banda, o Observatorio Galego da Cultura indica que as contas económicas trimestrais apuntan cara a un descenso da actividades artísticas e recreativas, o que "contrasta co crecemento xeral da economía e, particularmente, dos servizos".

Gala dos XXIII Premios de Teatro. REMITIDA
Gala dos XXIII Premios de Teatro. REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta