A mostra 'Camiños creativos' despide o Ano Santo desde a Cidade da Cultura en colaboración con 30 museos

Trátase, segundo a Xunta, dunha das principais citas expositivas deste outono en España, exhibindo en Compostela un centenar de obras de prestixiosas institucións museísticas e coleccións persoais de diferentes puntos de Europa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2022 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, colabora cunha trintena de museos e coleccións de oito países europeos para despedir dous anos de Xacobeo.

Será con 'Camiños creativos', unha mostra que se inaugurará este mes no Museo Centro Gaiás. Nela, explórase a relación entre a arte e o movemento.

Trátase, segundo a Xunta, dunha das principais citas expositivas deste outono en España, exhibindo en Compostela un centenar de obras de prestixiosas institucións museísticas e coleccións persoais de diferentes puntos de Europa.

Entre elas, figura a Galería Ufizzi (Palazzo Pitti) de Florencia, a Thyssen-Bornemisza Art Contemporary de Viena,o LIMA de Amsterdam, o Museo Fabre de Montpellier, os británicos The Courtauld Gallery, Holburne Museum, o British Library, o danés Kunsten Museum of Modern Art de Aalborg ou o Museo do Prado, entre outros.

Obra da exposición do Museo Gaiás. ÓSCAR CURRAL
Obra da exposición do Museo Gaiás. ÓSCAR CURRAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta