CESM-Galicia non asinará o preacordo da mesa sectorial do Sergas sobre carreira profesional

O sindicato veo "inadmisible" e "moi lesivo" para os intereses do persoal facultativo excluído en 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) non asinará o preacordo alcanzado o pasado venres na Mesa Sectorial de Sanidade, entre o Sergas e os sindicatos CIG, CC OO, CSIF, SATSE e UXT, sobre a carreira profesional (CP) por consideralo "inadmisible" e "moi lesivo" para os intereses do persoal facultativo excluído en 2018 --tanto os que entón eran eventuais como os que neste período pasaron a fixos--.

Así, expresan que se lles "negan os atrasos entre 2019 e 2022" e "non recoñecen a igualdade entre os profesionais que accederon á carreira profesional en 2019 e os que van acceder en 2023".

O sindnicato médico entende que a aplicación das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e do Tribunal Supremo (TS) "será moito máis beneficiosa e ecuánime para os afectados que o preacordo alcanzado", porque nelas se recoñece que os profesionais excluídos debían incluírse no acordo de 2018 promovido e subscrito por CESM para abrir a porta ao acceso á Carreira Profesional de todos os facultativos.

CESM-Galicia denuncia, ademais, que a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña, "someteu a unha chantaxe aos sindicatos que negociaban a extensión da carreira profesional" aos facultativos excluídos do acordo de 2018, ao "ameazar con suspender este dereito retributivo se se esixía o cobro dos atrasos desde 2019 ata 2022, xa que o acceso ao primeiro grao comezaría en xaneiro de 2023".

O Sindicato Médico considera que "non é de recibo" que a responsable de Recursos Humanos "ameace con suspender" a carreira profesional se non se aceptan "as nefastas condicións" para o acceso dos médicos excluídos. CEMS explica, así mesmo, que entre 2006 e 2018 se mantivo sen carreira profesional ordinaria ao persoal fixo, ao "non poder acceder" á extraordinaria, aforrouse na carreira profesional extraordinaria e dos que ían pasando a fixos desde 2019, así como os 12.000 euros do persoal que se ía xubilando.

"AFORRO" PARA USAR AGORA

"Con esta 'xestión' produciuse un aforro económico de tal magnitude que debe ser máis que suficiente para que agora os eventuais non teñan que renunciar ao diñeiro que se lles debe, e poidan acceder á carreira profesional sen restricións", sinalou o sindnicato.

A central sindical advirte que "seguirá defendendo os dereitos e garantías dos facultativos" que teñen consolidada a súa carreira profesional e traballará para "estender eses dereitos aos facultativos eventuais", que "son o futuro" da sanidade pública.

CESM Galicia tamén quere lembrar que en 2018 foi o "primeiro sindicato" en asinar un acordo co Sergas para abrir o acceso á carreira profesional, "unha xusta reivindicación que agora pretenden atribuírse outras organizacións por mor da sentenza do Tribunal Supremo".

Arquivo - O secretario xeral de CESM, Gabriel do Pozo, le un manifesto nunha concentración da médicos fronte ao Congreso dos Deputados. En Madrid (España), a 4 de maio de 2022.. CESM - Arquivo
Arquivo - O secretario xeral de CESM, Gabriel do Pozo, le un manifesto nunha concentración da médicos fronte ao Congreso dos Deputados. En Madrid (España), a 4 de maio de 2022.. CESM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta