Arranca o Outono Códax 2022 co concerto de Daddy Long Legs en Santiago

O cuarteto de garage-rock chega dende Nueva York para abrir esta 12ª edición do festival.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Arranca o Outono Códax 2022 por todo o alto. Para a apertura da súa 12ª edición, o festival compostelán de músicas negras propón unha descarga de garage-rock con marcadas influencias das músicas de raíz norteamericanas da man da banda neoiorquina Daddy Long Legs.

A banda de Brooklyn Daddy Long Legs
A banda de Brooklyn Daddy Long Legs | Fonte: Outono Códax

Chegan no seu novo formato de 4 membros, con Dave Klein (teclados), Brian Hurd (voz, harmónica e guitarra), Murat Akturk (guitarra slide) e Josh Styles (batería). O cuarteto está influenciado por xente como Son House, Captain Beefheart, Howlin' Wolf, MC5 e Dr. Feelgood e o seu son personifica o garage-rock e o punk cunha crueza contemporánea.

Dende a súa formación en 2010, a banda editou tres discos de estudo, un álbum en vivo, e 5 sinxelos, tres deles no selo español FOLC Records. 

ENTRADAS 

As entradas poden conseguirse na Reixa-Matrioska (Compostela); Bonus Track (Ourense);  Rock Box (A Coruña); Elepé e Honky Tonk (Vigo; Carnaby (Pontevedra); ou a través da venda online en www.ataquilla.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta