Promesa de asesoramento na sanidade privada dos Colexios de Médicos ante as aseguradoras que "impoñen" tarifas

Esta situación "supón unha falta de recoñecemento da responsabilidade profesional" dos médicos e "pode comprometer a boa práctica profesional" do sector, advirte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Colexios Médicos avanza que se porá "a disposición" dos facultativos que exercen na privada "para todo o que consideren oportuno" e prestaralles asesoramento xurídico ante a "imposición" dos baremos por parte das compañías aseguradoras.

A través dun comunicado, este órgano critica e volve pedir, igual que o fixo "hai anos", que se acabe coa "mesquindade" desas tarifas e "doutras inaceptables condicións" que estas empresas "impoñen" aos sanitarios.

Esta situación "supón unha falta de recoñecemento da responsabilidade profesional" dos médicos e "pode comprometer a boa práctica profesional" do sector, advirte.

Así, o Consello Galego promete prestar asistencia aos facultativos despois de que a Comisión Europea publicase recentemente unhas decisións que "parecen abrir a porta" a que os baremos se poidan negociar colectivamente desde a representación profesional.

Cartel do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña - ElDesmarque
Cartel do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña - ElDesmarque

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta