A Coruña presenta a súa "candidatura galega" para ser sede da Axencia de Intelixencia Artificial

O acto contou coa presenza da alcaldesa herculina, Inés Rey, e tamén de autoridades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Coruña presentou este xoves, no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco), a candidatura desta cidade como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia).

Foi despois de que a Xunta dese o apoio a esta urbe para optar a ser sede desta entidade e despois de que, inicialmente, se postulasen tamén as de Santiago de Compostela e Ourense. Agora A Coruña competirá con outras cidades españolas.

O acto contou coa presenza da alcaldesa herculina, Inés Rey, e tamén de autoridades como o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros.

Nel, a rexedora coruñesa apelou ás empresas vinculadas ao sector do TIC nesta área e incidiu en que A Coruña "cumpre cos requisitos fundamentais" para ser sede da Aesia.

"Un ecosistema e un polo de innovación e de atracción de talento", dixo tamén sobre o que ofrece neste ámbito e aludindo tamén aos estudos vinculados coa informática e a propia intelixencia artificial na UDC.

Ademais, dixo que o "gran punto forte" da Coruña é o seu "ecosistema empresarial". Tamén destacou o apoio do tecido asociativo, empresarial e institucional para que a cidade sexa sede da Aesia.

CHAMAMENTO Á UNIDADE

O mesmo fixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que, como a alcaldesa, definiu á Coruña como "candidatura galega", aludindo á "unidade", á que tamén fixo referencia o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da patronal galega, Juan Manuel Vieites.

"Temos argumentos dabondo", sinalou Rueda ao considerar que A Coruña e Galicia deben acoller esta sede. Para iso, destacou o apoio de organismos e empresas. "Non é mala a competitividade, pero é mellor a unidade", dixo despois de que inicialmente Ourense e Santiago tamén se propuxesen para acoller a sede.

Ademais, aludiu ao "talento e a capacidade de innovación" existente tanto na área coruñesa como en Galicia, en liña co exposto tambien polo reitor da UDC que remarcou o traballo "transversal" no ámbito do sector do TIC.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a rexedora coruñesa, Inés Rei,entre outras autoridades, na presentación da Coruña para acoller a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a rexedora coruñesa, Inés Rei,entre outras autoridades, na presentación da Coruña para acoller a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial. DAVID CABEZÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta