Miguel Ángel González, un "coñecedor da realidade galega", ao fronte da Garda Civil en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2022 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, felicitou ao xeneral de brigada Miguel Ángel González Arias pola súa nova responsabilidade como xefe da 15 Zona da Garda Civil de Galicia, do cal puxo en valor o seu "fondo coñecemento da realidade galega".

Precisamente este venres Miñones mantivo un encontro co xeneral, que na actualidade está en situación de comisión de servizo. Da súa traxectoria, destacou a súa última etapa á fronte da Comandancia da Garda Civil de Lugo entre novembro de 2013 e xuño deste ano, "nove anos que deixaron unha fonda pisada na Garda Civil e na sociedade lucense, tanto pola súa profesionalidade como pola súa personalidade e talante".

Nun comunicado, a Delegación do Goberno lembrou que Miguel Ángel González naceu en Lugo no ano 1964, aínda que estivo destinado no País Vasco e en Madrid durante os anos máis difíciles da banda terrorista ETA.

Posteriormente desprazouse a Galicia, onde ocupou distintos postos nas comandancias da Coruña e de Lugo, ata que en 2013 foi nomeado xefe da Comandancia de Lugo. En xuño deste ano ascendeu a xeneral de brigada a proposta polo Ministerio de Defensa. O novo responsable da Zona de Galicia substitúe no cargo a Luís Francisco Rodríguez, quen deixou o mando en outubro tras cumprir a idade regulamentaria para pasar á reserva.

Miguel Ángel González Arias, novo xefe da Garda Civil en Galicia
Miguel Ángel González Arias, novo xefe da Garda Civil en Galicia | Fonte: youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta