Podería ser a metade de Galicia un país independente?

Unha broma sobre as carencias xeográficas dos norteamericanos desata un fenómeno viral en Tuiter.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/11/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Todo comezou como unha brincadeira entre distintos tuiteiros europeos para burlarse do tópico da falta de coñecementos xeográficos moi básicos dos estadounidenses. E o que era unha brincadeira, acabou en fenómeno viral.

Recreación de Listenbourg, con parte do territorio galego
Recreación de Listenbourg, con parte do territorio galego

Un usuario desta popular rede decidiu facer un novo mapa da península ibérica e aumentarlle unha masa de terra case o dobre do tamaño de Irlanda. A esa masa de terra engadiulle media Galicia, todo o norte de Portugal e Asturias. E creou un país imaxinario, Listenbourg

A brincadeira estaba xa creada e agora había que ver se os norteamericanos "picaban". O caso é que a broma tivo un éxito masivo en Francia onde callou e converteuse nunha "comedia masiva" e en poucas horas empezou a estenderse todo un mundo propio para Listenbourg, a súa propia conta oficial, o seu himno (que é a melodía británica con letra de chiste en francés), e ata pasaportes.

Tal foi a viralidade desta ocurrencia que mesmo houbo compañías privadas, como Ryanair que mantiveron a brincadeira sumándose a campañas ao seu favor e até solicitando a entrada en organismos internacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta