Notificadas tres novas mortes por covid-19

O cómputo oficial de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascende a 3.948.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 08/11/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este martes cinco novas mortes de persoas diagnosticadas de covid-19, das cales tres se rexistraron na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.

En concreto, estes falecidos correspóndense co venres 4 e o sábado 5 de novembro. O primeiro día, morreron un home de 88 anos na área de Ourense e unha muller de 75 na área de Vigo.

Así mesmo, o día 5 faleceron un home de 93 anos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, e outro home de 77 e unha muller de 89 na área ourensá.

Con todos eles, o cómputo oficial de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascende a 3.948.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Todo isto nunha xornada na que o Sergas notifica 145 positivos e senllos descensos tanto dos casos activos do coronavirus, ata os 1.741 en toda a Comunidade, como dos pacientes que requiren hospitalización, ata 163. No caso dos casos activos --pacientes que se atopan atravesando a enfermidade--, baixaron en 41, a 1.741, de acordo coas cifras ofrecidas este martes e actualizadas ás 18,00 do luns.

Hai diminucións en cinco das sete áreas sanitarias debido a que as altas superan ao número de novas infeccións. É o caso da da Coruña-Cee, con 340 enfermos de covid (-24), seguida da de Vigo, con 235 (-1). Tamén descenden os casos activos na área de Lugo-A Mariña-Monforte, a 210 (-5); na de Pontevedra-O Salnés, a 180 (-10); e na de Ferrol, a 164 (-5).

Mentres tanto, soben lixeiramente nas áreas de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 351 (+2), e na de Santiago-Barbanza, a 259 (+1). A estes hai que sumar dous pacientes sen distrito sanitario asignado (+1).

Así mesmo, nas últimas 24 horas o Sergas detectou 145 positivos en covid-19. A maioría correspóndense coas áreas de Santiago (32), Ourense (31) e Vigo (23). Séguenlles Ferrol (17), Pontevedra (15), Lugo (13) e A Coruña (13), máis un contaxio sen área asignada.

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta aos pacientes covid que requiren hospitalización, descenderon a 163, dez menos, a pesar do aumento rexistrado durante o fin de semana. De todos eles, 153 están en planta (-10) e outros 10, en unidades de coidados intensivos.

Por áreas sanitarias, a maioría notificaron baixadas da presión hospitalaria: A Coruña contabiliza 47 ingresados (-3), Vigo 23 (-5), Pontevedra 20 (-1), Ferrol 16 (-1) e Lugo 12 (-3).

No lado oposto, xa que rexistran ascensos no número de hospitalizados, están as áreas de Ourense, con 26 (+1), e Santiago, con 19 (+2).

Un paciente con Covid trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un paciente con Covid trasladado ao Hospital de Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta