CCOO presenta ao delegado do Goberno o seu proxecto de trens de proximidade transfronteirizos

O sector Ferroviario de CCOO explicou a Miñones que en Galicia "aínda non se recuperaron a totalidade de servizos que había antes da pandemia" e que as que se se recuperaron "non cumpren todas as necesidades das persoas usuarias"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2022 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantivo este martes unha reunión co coordinador do Sector Ferroviario de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, Gregorio Bermejo, e o secretario xeral de sección sindical de Adif-Renfe Pontevedra, Antonio Conde Freire, para abordar a situación dos servizos en Galicia nos que os sindicatos "detectan problemas".

Os representantes de CCOO sinalaron nun comunicado que o servizo ferroviario de Galicia "non se pode basear só na alta velocidade" e que "é necesaria unha rede proximidade que favoreza a mobilidade, con frecuencias idóneas e prezos económicos".

Nesta liña, o sector Ferroviario de CCOO explicou a Miñones que en Galicia "aínda non se recuperaron a totalidade de servizos que había antes da pandemia" e que as que se se recuperaron "non cumpren todas as necesidades das persoas usuarias". Tamén defendeu investir na rede convencional, destacando o as liñas Ourense e Vigo, A Coruña-Ferrol, A Coruña e Lugo, a liña convencional entre Ourense e Santiago, e o tramo entre Monforte e Ponferrada.

Así mesmo, Comisións Obreiras entregoulle ao delegado do Goberno o seu proxecto de trens de proximidade transfronteirizos entre Vilagarcía e o norte de Portugal de "carácter estratéxico", así como o documento de eixos básicos de actuación. Ademais, o sindicato mostrou o seu rexeitamento á Disposición Transitoria 3.ª do Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sustentable porque "abre a porta á supresión de servizos públicos".

Pola súa banda, José Miñones subliñou nun comunicado "o gran impacto e enorme acerto" que supón a bonificación ao 100% dos trens de Media Distancia, Proximidades e Avant en Galicia "con máis de 59.000 abonos". Así, sinalou que "case o 5% da poboación activa xa adquiriu abonosgratuitos".

Ademais, o delegado do Goberno incidiu en "a mellora nas liñas en Galicia, con reforzo do servizo" e declarou "o Goberno toma medidas para protexer ás familias e as súas economías". Segundo trasladou a Delegación do Goberno, José Miñones recolleu as demandas do colectivo respecto ao tren de proximidade e comprometeuse a trasladalas ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto ao coordinador do Sector Ferroviario de Comisións Obrerasde Galicia, Gregorio Bermejo, e ao secretario xeral de sección sindical de Adif-Renfe Pontevedra, Antonio Conde Freire. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto ao coordinador do Sector Ferroviario de Comisións Obrerasde Galicia, Gregorio Bermejo, e ao secretario xeral de sección sindical de Adif-Renfe Pontevedra, Antonio Conde Freire. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta