As pelexas entre amigos custan caras... Condenado a tres meses por pegarlle unha puñada a un colega

Os feitos tiveron lugar durante unha festa en Muros.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/11/2022 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres meses de prisión a un home por propinarlle unha puñada na cara a un dos seus amigos durante unha discusión, o que provocou que a vítima caese ao chan, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Os feitos sucederon durante a madrugada do 29 de xuño de 2019, cando se desprazaban en coche a unha festa que se celebraba no municipio coruñés de Muros. O afectado, ao cal o sospeitoso deberá indemnizar con 5.000 euros polos días de baixa, a secuela estética que quedou e o dano moral, requiriu asistencia médica.

O tribunal considerou ao acusado responsable dun delito de lesións e tivo en conta a atenuante de embriaguez porque no momento dos feitos "presentaba unha lixeira alteración das súas facultades volitivas, polo seu consumo alcohólico". Contra a resolución cabe presentar recuso.

Acusados nun xuízo
Acusados nun xuízo | Fonte: PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta