Dous detidos por agredir "sen mediar palabra" a unha parella en Ourense

Hai outros tres investigados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Dous mozos foron detidos e outro tres permanecen investigados por unha agresión cometida contra unha parella na madrugada do 30 de outubro en Ourense. Os feitos tiveron lugar ao redor das 04,30 horas do domingo 30 de outubro, cando as vítimas regresaban ao seu domicilio despois de saír pola zona vella da capital provincial, segundo informou este mércores a Policía Nacional.

A agresión produciuse nunha praza do centro histórico ouresano, onde foron asaltados por un grupo de cinco novos, tres deles homes e dúas mulleres, con idades comprendidas entre os 18 e os 21.

Segundo o relato policial, "sen mediar palabra" estes mozos empezaron a agredir á parella, que chegaron a ser golpeados cunha muleta. Os feitos foron gravados por un viandante que posteriormente subiu o vídeo a redes sociais, que derivou na presentación de dúas denuncias cruzadas entre os implicados na liorta. O material permitiu a identificación dos autores da agresión para a súa posterior detención. Os arrestados quedaron en liberdade tras prestar declaración en comisaría.

Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta