O Partido Comunista homenaxea aos guerrilleiros Gayoso e Seoane no 74 aniversario do seu asasinato

Será o 12 de novembro ás 12:30 horas

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Un ano máis, o Partido Comunista de Galicia celebrará o sábado 12 de novembro ás 12:30h o acto dirixido a lembrar as figuras de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane. O evento terá lugar no Cemiterio Civil de Santo Amaro.

José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista
José Gómez Gayoso, guerrilleiro antifranquista

Sendo este o 74º aniversario do asasinato dos guerrilleiros, o PCG procura manter a súa tradición anual e amosar o seu compromiso coa memoria honrando a dous dos militantes máis recoñecidos da loita antifranquista en Galicia nunha actividade na que intervirán membros de cada unha das organizacións que convocan e na que haberá unha ofrenda floral acompañada da interpretación de varias pezas musicais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta