A Cámara expresa o seu apoio ao programa 'Ponte...nas ondas!', que aspira a ser patrimonio cultural inmaterial

Resáltao como "un instrumento educativo fundamental para o coñecemento"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Cámara autonómica manifestou a través dunha declaración institucional o seu apoio ao programa transfronteirizo entre Galicia e Portugal 'Ponte...nas ondas!', que será avaliado proximamente pola Unesco para a súa inclusión no catálogo de boas prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial.

O texto aprobado polos grupos apoia a candidatura conxunta dos gobernos de España e Portugal para o programa, que resalta como "un instrumento educativo fundamental para o coñecemento, a salvaguardia, a transmisión e continuidade intergeneracional do patrimonio cultural".

Incide na capacidade da iniciativa transfronteiriza para identificar o patrominio común entre Galicia e Portugal e a súa transmisión ás aulas, así como a súa colaboración coas administracións, institucións e universidades "na procura de divulgalo".

"O traballo de 'Ponte...nas ondas!' contribuíu á revalorización de prácticas e saberes que melloran o benestar e a calidade de vida das persoas e comunidades portadoras, dando visibilidade ao seu patrimonio e fomentando un desenvolvemento sustentable, con transferencia de saberes ás novas xeracións", recolle a declaración institucional do Lexislativo autonómico. Por todo iso, manifesta o seu apoio a esta iniciativa "exemplar" que para a súa inclusión no catálogo da Unesco.

Alumnado participante no Ponte... Nas Ondas!
Alumnado participante no Ponte... Nas Ondas! | Fonte: Ponte nas ondas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta