Tres novos falecidos con Covid e aumento dos hospitalizados en Galicia

Os casos activos mantéñense sen variación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou tres novas mortes de persoas con covid-19 nunha xornada na que os ingresados repuntan lixeiramente, ata alcanzar os 166. Mentres tanto, os casos activos mantéñense sen variación, con 1.741 en toda Galicia.

Os últimos falecidos coñecidos correspóndense con días pasados. En concreto, o día 5 de novembro morreu un home de 94 anos na área sanitaria de Vigo e, o día 7, outros dous homes de 84 e 77 anos nas áreas de Santiago-Barbanza e Ferrol, respectivamente. Con este tres novos óbitos, a listaxe de vítimas que deixa a pandemia da covid-19 na Comunidade galega ascende a 3.951

HOSPITALIZADOS

No que respecta aos pacientes covid que requiren hospitalización, os datos ofrecidos este mércores polo Sergas --actualizados ás 18,00 do martes-- indican un lixeiro repunte nas últimas horas, ata os 166 (tres máis). Son 157 en planta (+4) e nove en unidades de coidados intensivos (-1).

Por áreas sanitarias, os ingresados tan só descenderon na de Vigo, a 19 (-4), mentres que se manteñen sen variación nas de Lugo-A Mariña-Monforte, con 12, e Santiago-Barbanza, con 19.

Ademais, os hospitalizados con covid subiron na área da Coruña-Cee a 48 (+1), na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras a 29 (+3), na de Pontevedra-O Salnés a 22 (+2) e na de Ferrol a 17 (+1).

CASOS ACTIVOS E NOVOS CONTAXIOS

En canto aos casos activos, é dicir, as persoas que están a atravesar a covid-19, mantéñense sen variación con 1.741 contabilizados polo Sergas. Os pacientes descenderon en tres do sete áreas sanitarias: Santiago a 253 (-6), Vigo a 233 (-2), Lugo a 205 (-5) e Ferrol a 159 (-5).

Continúan sen cambios as áreas da Coruña --340 casos activos-- e Pontevedra --180--, mentres que a de Ourense sobe a 368 contabilizados, 17 máis que hai un día. A todos eles hai que sumar tres pacientes sen distrito sanitario asignado (+1).

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 171 novos contaxios por coronavirus. A área de Ourense é a máis afectada con 41 infeccións, seguida da Coruña (33), Vigo (25), Santiago (22), Lugo (18), Ferrol (18) e Pontevedra (14).

Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo  / Europa Press
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao Hospital de Lugo / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta