A Xunta recorre ante a xustiza un novo canon estatal para gravar concesións en portos autonómicos

Consideran un "novo ataque" do Executivo central ao complexo mar-industria galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Xunta presentou un recurso contencioso administrativo contra unha orde do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico que establece un novo canon que afecta as concesións que ocupan terreos portuarios adscritos.

Son concesións, en concreto, en superficies que foi preciso ampliar despois de que os portos fosen transferidos polo Estado ás comunidades autónomas. A Xunta calcula que a orde afecta a 79 portos e multitude de concesións, como portos deportivos, asociacións de mexilloeiros, lonxas e pantaláns, entre outros.

Tanto a conselleira do Mar, Rosa Quintana, como o presidente da patronal galega, Juan Vieites, e o presidente da federación galega de confrarías, José Antonio Pérez, cargaron contra o que consideran un "novo ataque" do Executivo central ao complexo mar-industria galego.

A conselleira do Mar de Galicia, Rosa Quintana Carballo. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press
A conselleira do Mar de Galicia, Rosa Quintana Carballo. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta