A Coruña reforzará o servizo de axuda a domicilio con cinco zonas de atención

O goberno municipal deu luz verde á primeira fase do proxecto para a reparación e reposición do sistema de climatización da Fundación Luís Seoane. O proxecto sairá a licitación no primeiro trimestre do próximo ano cun orzamento de case 800.000 euros.

Por E.P. | A Coruña | 09/11/2022 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña reforzará o servizo de axuda a domicilio, cunha contía de 30 millóns de euros no próximos tres anos, segundo informou a alcaldesa, Inés Rei, na rolda de prensa que ofreceu para trasladar os asuntos da Xunta de Goberno local.

O novo contrato distribuirá a cidade en cinco zonas de atención diferenciada co fin, segundo apuntou a rexedora, de mellorar a coordinación coas 1.200 persoas usuarias, as súas familias e as case 400 persoas coidadoras.

De acordo co novo contrato, 9,3 millóns corresponderán a 2023, mentres que en 2024 e 2025 serán 10,5 millóns, respectivamente, explicou a alcaldesa, que sinalou que se abrirán cinco oficinas de coordinación e atención ás familias en cada unha das áreas. Tamén se promoverá un servizo de atención domiciliaria sociosanitaria para casos urxentes.

Por outra banda, o goberno municipal deu luz verde á primeira fase do proxecto para a reparación e reposición do sistema de climatización da Fundación Luís Seoane. O proxecto sairá a licitación no primeiro trimestre do próximo ano cun orzamento de case 800.000 euros.

Noutra orde de cousas, deuse licenza a Naturgy para acometer o desmantelamento do parque de transferencia de carbón na instalación da Medusa, no peirao do Centenario.

A alcaldesa explicou que se valorou trasladalo a outro emprazamento da cidade, pero que se descartou polo custo máis elevado "do que custaría construír unha nova medusa". "Sae máis caro que construír un novo recinto", apostilou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, informa, en rolda de prensa, dos asuntos da Xunta de Goberno Local. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, informa, en rolda de prensa, dos asuntos da Xunta de Goberno Local. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta