Bugallo di que Santiago é un "referente mundial" tras acoller o cumio de ministros de finanzas de Europa e Lationoamérica

a "oportunidade" de acoller o cume de ministros de finanzas latinoamericanos e europeos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recalcou que acoller o primeiro cume de ministros de Economía e Finanzas latinoamericanos e europeos, en setembro do próximo ano, "segue pondo á cidade como referente mundial e sede dos grandes eventos".

Ademais, valorou que "supón unha oportunidade para potenciar e pór en valor a Galicia a través de Santiago" e "mostra, unha vez máis, o compromiso do Goberno central con Galicia en xeral e Compostela, en particular".

Nese encontro participarán 50 ministros e ministras de ambos os continentes coa finalidade de aliñar intereses, sincronizar axendas de desenvolvemento e estreitar lazos xeopolíticos á vez que potenciar as relacións comerciais entre Europa e América Latina e o Caribe.

Así o destacou Bugallo, nunha xornada na que a xunta de goberno local aprobou, en sesión extraordinaria, 130.000 euros para a convocatoria de axudas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación primaria.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Pazo de Raxoi | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta