Celebracións en Pontevedra polos vinte anos pola condena a ENCE por delito ecolóxico

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra abrirá un debate este sábado sobre a primeira condena por delito ecolóxico a unha papeleira no Estado.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/11/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A “Asociación Pola Defensa da Ría”, vai celebrar o 20 aniversario da condena a ENCE e ELNOSA por delito ecolóxico cun debate sobre a importancia daquel fallo xudicial e a repercusión que tivo sobre a actividade posterior da Asociación.

Un grupo de persoas de Pontevedra marcha de camiño á sede da fábrica de Ence en Lourizán na 'Marcha contra celulosas' organizada pola Asociación Pola Defensa dá Ría.. CÉSAR ARXINA - EUROPA PRESS
Un grupo de persoas de Pontevedra marcha de camiño á sede da fábrica de Ence en Lourizán na 'Marcha contra celulosas' organizada pola Asociación Pola Defensa dá Ría.. CÉSAR ARXINA - EUROPA PRESS

No amentado debate, que vai ter lugar este sábado 12 ás 12 horas no centro social Gorgullón na Rúa Curtidoira No 1. Nel participará o avogado da asociación, Vicente Legísima, verdadeiro artífice do que foi a primeira condena por delito ecolóxico a unha fábrica de pasta de papel no Estado español.

Desde a APDR fan un chamamento ás persoas que, asociadas ou non, estean interesadas en participar no debate e coñecer de primeira man os pormenores da amentada condena, unha condena que supuxo non só a confirmación da existencia dun delito ecolóxico, senón tamén a de 2 delitos continuados de danos e 4 faltas contra as persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta