Pacientes con enfermidades raras derivados a outras CC.AA. terán cubertos gastos de desprazamento e dietas

A Xunta aprobará antes de que finalice o ano o reembolso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

O Goberno galego abordou na súa reunión semanal deste xoves un informe de mellora asistencial que permitirá cubrir os gastos de desprazamento e manutención de quen padezan algunha das denominadas enfermidades raras e dos seus proxenitores (no caso de ser pacientes pediátricos), cando sexan derivados a outras comunidades para recibir asistencia sanitaria.

O pasado 5 de outubro, a Xunta recibiu o mandato do Parlamento no que a través dunha iniciativa, aprobada por unanimidade, instábase o Executivo galego a regular unha prestación que cubra os gastos de aloxamento e dietas das persoas con enfermidades raras, pendentes de diagnóstico ou confirmación do mesmo, cando son derivadas a través do procedemento regulamentario establecido a outras comunidades.

Coa actualización e modificación da orde que a Xunta aprobará antes de que finalice este ano incorporarase o reembolso dunha serie de conceptos de gastos que non posúen a cualificación de sanitarios, pero que si están estreitamente ligados á prestación sanitaria, como pode ser o caso dos gastos por desprazamento e manutención.

Tamén se abonarán os gastos de desprazamento e dietas dos proxenitores dos pacientes pediátricos que padezan unha enfermidade rara. No ámbito sanitario, o Consello da Xunta tamén autorizou a compra de implantes de endoscopia dixestiva para a área sanitaria de Santiago e O Barbanza por 4 millóns.

Cayetana e Celia padecen heteroplasia ósea progresiva, unha enfermidade rara. Son as protagonistas do documental Idéntica
Cayetana e Celia padecen heteroplasia ósea progresiva, unha enfermidade rara. Son as protagonistas do documental Idéntica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta