Seguen subindo os casos de Covid-19, aínda que os ingresados descenden a 160

O Sergas notifica o falecemento dunha muller de 89 anos na área sanitaria de Vigo, polo que a cifra de decesos ascende a 3.952

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 11/11/2022 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Os hospitais galegos rexistran tres persoas menos ingresadas con Covid-19 con respecto a este pasado xoves. Así, os hospitalizados en centros galegos con esta enfermidade sitúanse en 160. Mentres, os casos activos de pacientes con coronavirus volven subir en máis dun centenar e suman xa 1.951 (+109), e o Sergas notifica un novo falecemento.

Segundo as cifras notificadas este venres polo Servizo Galego de Saúde, con datos recolleitos ata as 18,00 horas do xoves, os pacientes con covid que requiren hospitalización son tres menos que na xornada anterior. Deles, 154 atópanse en planta (-1) e seis nas unidades de coidados intensivos (-2).

Por áreas sanitarias, os ingresados descenderon na de Ferrol a 14 (-3), na de Ourense a 24 (-1) e na de Pontevedra a 19 (-1). Mentres, os hospitalizados con covid subiron nas áreas da Coruña a 46 (+1), Santiago e O Barbanza a 21 (+1) e Vigo tamén a 21 (+2). En Lugo, os ingresados mantéñense en 15.

Así mesmo, o Sergas notificou o falecemento o pasado 9 de novembro dunha muller de 89 anos na área sanitaria de Vigo, polo que a cifra de decesos na comunidade ascende a 3.952.

CASOS ACTIVOS E NOVOS CONTAXIOS

En canto aos casos activos, é dicir, as persoas que están a pasar a Covid-19, soben en 109 en relación ao parte anterior, ata os 1.951 contabilizados polo Sergas.

Os pacientes tan só descenderon en Pontevedra, a 187 (-4). Pola contra, soben en todas as áreas restantes: a 339 na Coruña (+19), a 185 en Ferrol (+2), a 218 en Lugo (+4), a 431 en Ourense (+34), a 297 en Santiago e O Barbanza (+27), e a 291 en Vigo (+29). A todos eles hai que sumar tres pacientes sen distrito sanitario asignado, que permanecen sen variación.

Todo iso nunha xornada na que o Sergas notifica 151 novos contaxios por coronavirus --23 menos que os contabilizados o xoves--. A área máis afectada é a de Ourense, con 41 novos casos. En Santiago e Vigo suman 27 novos contaxios cada unha e A Coruña 25. Ademais, rexístranse 15 en Lugo, nove en Ferrol e sete en Pontevedra. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas en Galicia é de 7.444.395.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta