Morre o condutor que provocou un accidente tras circular en sentido contrario pola AP-9 en Bergondo

Os outros dous feridos, que ían no outro coche, seguen hospitalizados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2022 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O condutor do vehículo que o domingo provocou un aparatoso accidente en Bergondo ao circular pola AP-9 en sentido contrario morreu na mañá deste luns debido á gravidade das lesións que presentaba.

Así o confirman a Europa Press fontes sanitarias, despois de que o home fose ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) cun traumatismo abdominal de prognóstico moi grave.

Ademais do falecido, dous membros dun matrimonio resultaron feridos neste accidente. Unha muller está ingresada na UCI con traumatismo abdominal con prognóstico grave e outro home cun traumatismo torácico que está en planta, menos grave.

O sinistro tivo lugar pasados uns minutos das 18,00 horas do domingo no Viaduto de Mariñán, en Bergondo, cando o condutor do coche que circulaba en sentido contrario "a gran velocidade" porque "se confundiu", segundo informou a Garda Civil, impactou con outro turismo frontalmente.

Vehículo sinistrado en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO
Vehículo sinistrado en Bergondo. CONCELLO DE BERGONDO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta