Falecen outras tres persoas en Covid en Galicia e aumentan en dous os pacientes na UCI

Ingresados e casos activos mantéñense con variacións moi leves

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias notificaron este martes tres novas mortes de pacientes con covid-19, co que as persoas que faleceron en Galicia contaxiadas soben a 3.955. Hospitalizados e casos activos mantéñense con variacións moi leves. Ingresados hai un máis que no último parte (ata 176), pero cambia a correlación: hai un descenso en planta (de 171 a 170) e unha alza de dúas en UCI (de catro a seis pacientes).

En canto ás persoas falecidas, o Sergas notifica que o día 11 de novembro perdeu a vida unha muller de 88 anos na área Sanitaria de Santiago e O Barbanza. Na mesma área sanitaria, pero o día 12 de novembro, faleceron un home de 87 anos e outro de 60. O tres tiñan patoloxías previas.

Máis en detalle, no que respecta á presión hospitalaria, de acordo con datos publicados este martes pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do luns, os pacientes en planta sitúanse en 170 (un menos) e soben de catro a seis as persoas con covid-19 ingresadas en críticos.

Por áreas sanitarias, descenden os hospitalizados na da Coruña-Cee, ata 46 (-7); en Pontevedra-O Salnés, ata 21 (-4); e en Vigo, ata 20 (-3). Pola contra, soben na área ferrolá, ata 17 (+1); en Lugo, ata 19 (+5), e en Ourense, ata 30 (+5). A área sanitaria de Compostela e O Barbanza mantense co mesmo número de hospitalizados, un total de 23. Así mesmo, a día de hoxe, o Sergas informa de que hai 1.532 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS

Mentres tanto, os casos activos sitúanse en 1.708, e a área con máis enfermos con covid-19 segue sendo Ourense, cun total de 370 (+6). Tamén soben os casos activos na área compostelá, ata os 265 (+7) e nun caso en Pontevedra-O Salnés, ata 150.

Baixan os casos nas áreas da Coruña Cee, ata 296 (-19); ata 158 en Ferrol (-6); ata 219 en Lugo (-22); e ata 246 en Vigo (-14). Os casos sen área asignada mantéñense en catro, sen variación.

Todo iso despois de que Sanidade compute a notificación doutros 171 positivos novos en covid-19 nas últimas 24 horas. Por áreas, a que suma máis novos casos novos é a de Ourense (44). Séguenlle a de Lugo (35), Santiago-O Barbanza (29), Vigo (21), Pontevedra-O Salnés (16), A Coruña-Cee (14) e Ferrol (12). O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.456.976.

Medicamentos e test contra o covid/  SERGAS - Europa Press / Europa Press
Medicamentos e test contra o covid/ SERGAS - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta