Un 5 % máis de orzamento para os comedores escolares

O Plan de mellora enerxética contempla para os centros educativos obras e melloras para camiñar cara a eficiencia sen perder confort e seguridade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2022 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou este mércores un novo aumento do 5 % no orzamento destinado aos comedores escolares, á vez que deu a coñecer as "liñas mestras" do plan de mellora enerxética para facer fronte á inflación.

Así, o responsable de Educación reuniuse de forma presencial coa Xunta Autonómica de Directores para tratar a marcha do curso escolar e explicar as diferentes medidas do Goberno galego neste ámbito.

No que respecta aos comedores, Rodríguez comunicou un novo incremento do 5 % das partidas da Xunta para os comedores de xestión directa (con cociña propia no centro), unha porcentaxe que se suma ao 5 % que incrementaron a finais do curso pasado.

Así, segundo puntualizou o conselleiro, este aumento supón unha subida acumulada do 10 % neste ano que, indicou a Xunta, supón 2 millóns de euros adicionais que reciben os centros educativos para este servizo complementario.

O conselleiro destacou o "gran sistema de comedores galegos" e incidiu en que a calidade do servizo "non se vai a reducir en ningún caso". "Temos un incremento do 10% neste curso para facer fronte aos encarecementos que poidan xurdir e que non se reduza a calidade de servizos que se presta aos nenos galegos", remarcou.

PLAN DE MELLORA ENERXÉTICA

Así mesmo, no que respecta ao Plan de mellora enerxética, sinalou que o obxectivo é "profundar na eficiencia dos centros escolares", ao que engadiu que "se trata de garantir as máximas condicións de confort e seguridade combinadas cunha optimización evitando consumos innecesarios, un reto fundamental ante a escalda de prezos do combustible".

Nesta liña, detallou que en Plan recolle intervencións arquitectónicas que están encamiñadas cara a unha "mellor eficiencia" como as rehabilitacións enerxéticas que se realizan nos centros galegos.

Tamén inclúe unha mellora dos sistemas de produción de enerxía mediante a instalación de placas solares, fotovoltaicas e de caldeiras e centrais de biomasa en recintos escolares, segundo detallou Rodríguez. Con todo, incidiu na optimización dos consumos mediante sistemas como auditorias enerxéticas ou sistemas de regulación domóticos.

Finalmente, como cuarta liña de acción, acometerán accións formativas e de concienciación ambiental dirixidas á comunidade educativa, co obxectivo de fomentar prácticas de consumo responsable, reciclaxe e redución de desperdicios.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na reunión coa Xunta Autonómica de Directores
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, na reunión coa Xunta Autonómica de Directores | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta