Miñones reafirma o compromiso "cumprido" do Goberno con Galicia ao crear tres novos xulgados de primeira instancia

O delegado lembrou ademais que o Goberno de Sánchez xa reforzara a xustiza en Galicia en 2020 con tres xulgados novos en Lugo, A Coruña e Pontevedra, ademais doutro catro anteriores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, defendeu o "compromiso cumprido" con Galicia do Goberno central ao crear tres novos xulgados de primeira instancia para "axilizar a xustiza" na Comunidade.

"Mostramos claramente o noso compromiso co servizo público de xustiza e reforzámolo na Coruña, Lugo e Vigo, tal e como nos demandou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)", apuntou Miñones.

O delegado lembrou ademais que o Goberno de Sánchez xa reforzara a xustiza en Galicia en 2020 con tres xulgados novos en Lugo, A Coruña e Pontevedra, ademais doutros catro anteriores.

Nun comunicado indican que o Consello de Ministros aprobou o martes, a proposta do Ministerio de Xustiza, o Real Decreto que permitirá a creación de tres unidades xudiciais en Galicia, como parte da posta en marcha de 70 novas unidades en toda España.

As tres novas unidades son: un xulgado de primeira instancia (nº 6) no partido xudicial de Lugo; outro de primeira instancia (nº 15) no partido xudicial da Coruña; e o último, tamén de primeira instancia (nº16), no partido xudicial de Vigo.

O delegado do Goberno, José Miñones
O delegado do Goberno, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta