Naturgy obtén 'luz verde' ambiental para un gran parque eólico entre Cerceda, Carral e Ordes

A aprobación está asociada ao plan de transición xusta na zona de Meirama.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A compañía eléctrica Naturgy obtivo a Declaración de Impacto Ambiental favorable para o parque eólico Meirama, paso previo ao outorgamento da resolución de autorización administrativa e de construción que permitirán, xunto coa obtención das licenzas de obra municipais, comezar os traballos de construción desta instalación.

Tal como informou a empresa nun comunicado, dito parque eólico estará situado nos concellos coruñeses de Cerceda, Carral e Ordes, sendo un dos proxectos incluídos no plan alternativo que está a desenvolver Naturgy asociado ao peche da central térmica de Meirama e que suporá novos investimentos en xeración de enerxía renovable e produción de gases renovables na comarca e en Galicia nos próximos anos.

Cun total de 10 aeroxeradores e un investimento de máis de 44 millóns de euros, o parque terá unha potencia de 44,5 megawatts (MW), polo que producirá ao ano 120 gigavatios hora (GWh) e evitará, segundo a empresa,  a emisión de preto de 83.000 toneladas de dióxido de carbono (CO2), o que equivale ao consumo enerxético a máis de 18.000 fogares ao ano.

Naturgy explicou que a maior parte dos aeroxeradores, así como a subestación de transformación implantaranse sobre terreos onde anteriormente se desenvolveu a actividade mineira e a de xeración de enerxía eléctrica, respectivamente.

Parque eólico de Naturgy na Pastoriza (Lugo)
Parque eólico de Naturgy na Pastoriza (Lugo) | Fonte: NATURGY

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta